CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Vilamartín acolle esta tarde un curso organizado pola Federación de ANPAS de Ourense

Comezará ás 16h. no Centro Sociocultural Santa Lucía e será impartido pola Secretaría Técnica
O curso será impartido esta tarde no Centro Sociocultural Santa Lucía, en Vilamartín. /Foto: Carlos G. Hervella.

Dirixido a todas as asociacións de Valdeorras, Viana e arredores, dos colexios públicos tanto de Infantil e Primaria como de Secundaria, está o curso de lexislación básica que organiza a Federación de ANPAS públicas de Ourense (FAPA Ourense). Será impartido pola Secretaría Técnica para “poñer ao día aos representantes destas asociacións no ámbito lexislativo e de administración pública”, no Centro Sociocultural Santa Lucía de Vilamartín de Valdeorras a partires das 16h.

Tal como avanzan dende a Federación, o curso inclúe breves apuntes e referencias á participación das familias nos temas escolares, os documentos que ten que aportar, os tipos de seguros que necesitan as asociacións para estar cubertas en todos os ámbitos, certificado electrónico, memorias de proxecto, documentación para os rexistros e dilixencias, etc.

Artigos relacionados

Back to top button