ConcellosÚltima hora

Vilamartín aproba un orzamento de 1.614.993,4 euros para o 2019

Ás 13:30 horas desta mañá comezou o pleno no Concello, no que as contas resultaron aprobadas por 5 votos a favor do PSdeG e coas 5 abstencións do PP

 

O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez.

 

O alcalde socialista, Enrique Álvarez, levou a pleno a aprobación do orzamento xeral do Concello de Vilamartín de Valdeorras para o exercicio económico 2019, xunto coas súas Bases de execución. Logo da proposta, procedeuse á votación na que, José Pinto (PP) e o seu grupo, tras explicar que non ían votar en contra porque “consideraban que as partidas poderíanse haber canalizado doutra maneira”, optaron por absterse, dando lugar a un resultado de 5 votos a favor e 4 abstencións. O Concello finalmente contará cun total de 1.614.993,4 euros para a realización de tódalas partidas previstas presentadas neste acto.

O seguinte punto da orde do día era de rogos e preguntas, onde José Pinto expuxo as súas dúbidas sobre a inversión do diñeiro e propuxo melloras no ámbito veciñal que facilitasen a calidade de vida dos habitantes. Ademáis, debatiuse o prezo de acceso para os veciños ás piscinas municipais, pediu en nome da veciñanza limpar a zona das fincas que quedaron con restos das últimas obras, e informou dun enfrontamento entre veciños polo peche dunha rúa, entre outros temas.

 

Fotografía : Carlos G. Hervella

Texto : Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button