En portadaÚltima hora

Vilamartín, capital galega da natación en augas abertas

Nesta tarde celebrarase en Vilamartín a IV Travesía a Nado de Valdeorras, incluída no no XV Circuíto Galego de Augas Abertas
Imaxe da pasada edición desta travesía a nado en Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

As augas do Sil ao seu paso por Vilamartín serán, por cuarto ano consecutivo, escenario da Travesía a nado de Valdeorras. Esta proba, incluída no XV Circuíto Galego de Augas Abertas da Federación Galega de Natación, celebrarase o vindeiro 1 de setembro.

Ás 17h. darase a saída dende Vilamartín aos nadadores, que afrontarán un circuíto similar ao de pasadas edicións. A travesía incluirá as categorías de mozos (os nacidos nos anos 2003, 2004 e 2005), maiores (os nacidos nos anos 1994 a 2002), veteranos A (1969-1993) e veteranos B (no ano 1968 e anteriores), tanto masculinas como femininas. A competición terá dúas distancias, unha de 2.525 m e outra 5.050 m.

Este evento deportivo será organizado polo Club Natación Valdeorras en colaboración co Concellos de Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button