ConcellosÚltima hora

Vilamartín celebrará a “Noite de San Xoán”

Será o 23 de xuño a partires das 21h. na praza José Luis Núñez con sardiñada e festa
As sardiñas non faltarán nesta celebración do San Xoán en Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

A praza José Luis Núñez de Vilamartín será escenario a partires das 21h. do vindeiro 23 de xuño da celebración da noite de San Xoán. Haberá saborosas sardiñas, acompañadas de viño, e tamén un concurso de doces. O prezo será de 2 euros. Tampouco faltará a música para animar a festa.

Esta celebración será promovida polos Coveiros en colaboración coas Mulleres Rurais Cimadevila e co Concello de Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button