En portadaÚltima hora

Vilamartín confirma un positivo por Covid-19 en Valencia do Sil

"Nestes momentos, o persoal autorizado está efectuando un rastrexo epidemiolóxico", informa o alcalde, Enrique Álvarez

 

Dende o Concello de Vilamartín de Valdeorras vén de confirmarse a detección dun caso positivo por Covid-19 en Valencia do Sil. Trátase dun caso importado de Coruña e a persoa está illada no seu domicilio. Protección Civil de Vilamartín está á súa diposición por se precisa calquera tipo de axuda ou de provisión, tal e como confirma o alcalde vilamartinés, Enrique Álvarez Barreiro.

“Nestes momentos, o persoal autorizado está efectuando un rastrexo epidemiolóxico. Pola nosa parte xa activamos o protocolo pertinente e solicitamos a axuda dos membros de Protección Civil, quen nas próximas horas procederán á desinfección integral do pobo”, segundo informa o alcalde de Vilamartín.

Ademais, o rexedor incide na importancia de que os veciños cumpran coas recomendacións sanitarias e que extremen as precaucións. Tamén indica que dende o Concello estase á disposición da cidadanía para “calquera consulta ou necesidade que poida xurdir con relación a este tema. Pedimos a súa colaboración para atallar este problema o antes posible, polo que deben extremar as precaucións e seguir as recomendacións sanitarias: levando mascarillas cada vez que saian da casa, lavando as mans frecuentemente evitando xuntarse con outros veciños/as, ata que remita a situación de alerta actual. Apelamos á responsabilidade e o sentido común, para evitar novos contaxios”. Tamén agradece a colaboración da veciñanza ante esta situación.

Artigos relacionados

Back to top button