ConcellosÚltima hora

Vilamartín conmemorará o Día contra a Violencia de Xénero con teatro

Escena de “Mai Mai”./ Foto: Baobab Teatro.

 

Con motivo da celebración o vindeiro 25 de novembro do Día Mundial contra a Violencia de Xénero o Concello de Vilamartín celebrará unha serie de actividades entre as que cobrará protagonismo o teatro.

Así o vindeiro 25 de novembro ás 18h. terá lugar a representación da obra “Mai Mai” de Baobab Teatro, “unha historia tenra e moi divertida donde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. É unha historia que fala de revolución, que plasma o apoderamento dunha muller valiente e emprendedora e que nos fará meditar sobre o que estamos a facer co noso planeta”, segundo se indica dende o Concello.

A peza, cunha duración de 50 minutos, poderá verse no Centro Cultural Santa Lucía, a entrada é libre e gratuíta.

Por outra banda,  o 2 de decembro ás catro da tarde terá lugar unha representación escénica e debate-coloquio co título “Igual a nós” no Vía Nova. Neste acto afondarase nos conceptos e aspectos abordados na representación, fomentando a participación social das mulleres maiores”, segundo o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button