EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Vilamartín dá a benvida ao Entroido co desfile de folións

A xornada, na que participaban agrupacións do oriente ourensán, remataba coa II Festa das Sopas de Allo

A localidade valdeorresa de Vilamartín está a vivir unhas horas moi intensas. Onte pola noite celebraban unha sesión de Cantos de Taberna polas covas e hoxe, daban a benvida ao Entroido coa celebración da II Festa das Sopas de Allo.

O programa arrancaba a primeira hora da tarde co pregón a cargo da presentadora da TVG Nieves Rodríguez e a petición de permiso. A partires de aí, comezaba o desfile de folións con saída no Bañadoiro, pasando pola Rodeleira e boa parte do pobo ata regresar ao pavillón onde se celebraba a cea cun menú composto por empanada, sopas de allo e panceta.

No desfile participaban unha decena de agrupación do oriente ourensán: do Tameirón, Carracedo, O Bolo, Sobrado, Chandrexa, As Maceiras (Trives), Os Labregos (Trives), A Caniceira (Trives), A Lardeira (Piñeiro), Petín, O Irrio de Castro Caldelas, e Os Viticultores (Vilamartín).

A xornada estivo organizada pola Asociación Cultural Folión Os Viticultores coa colaboración do Concello de Vilamartín de Valdeorras, Coveiros de Arcos, Coveiros de Vilamartín, Peluquería Duar e Bar Santos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button