ConcellosEntroido 2020Última hora

Vilamartín de Valdeorras celebrará o sábado 15 de febreiro o Desfile de Folións

Na xuntanza, organizada pola Asoc. Cultural Folión Os Viticultores, participarán doce agrupacións e rematará coa III Festa das Sopas de Allo

O Folión Os Viticultores nunha das xuntanzas en Vilamartín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

As localidades ourensás van pouco a pouco quentando motores para os días grandes do Entroido e en Vilamartín de Valdeorras está xa todo preparado para o Desfile de Folións que terá lugar o sábado 15 de febreiro a partir das 17:30h.

Organizado pola Asoc. Cultural Folión Os Viticultores coa colaboración do Concello, o encontro comezará coa petición do permiso e o pregón para xa ás 18h. continuar co desfile polo pobo ata a praza X. Luis Núñez. Ao remate, en torno ás 21 horas, terá lugar a III Festa das Sopas de Allo no pavillón do Bañadoiro, rematando a xornada con baile a cargo do Trío Fusión.

Nesta edición da xuntanza participarán dez folións de diferentes partes de Galicia: O Tameirón e Carracedo da Serra (A Gudiña), Chandrexa de Queixa, As Maceiras, Os Labregos, A Caniceira e A Lardeira (P. de Trives), O Irrio de Castro Caldelas e Petín. Ademais participarán as Mázcaras e Madamas de Pombriego (León) e o Entroido de Samede (San Mamede, Paderne-A Coruña).

 

Artigos relacionados

Back to top button