ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Vilamartín de Valdeorras, entre os novos concellos adheridos ao programa “Xantar na Casa”

A conselleira de Política Social, asinou hoxe, día 31 de xullo, os convenios que permiten incorporar catro novos municipios

Vilamartín de Valdeorras vén de adherirse ao programa “Xantar na Casa”, cuxo obxectivo é o de levar a comida a casa ás persoas maiores e dependentes. A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou hoxe, día 31 de xullo, os convenios que permiten a incorporación deste concello e os de Foz, Irixoa e Miño ao programa.

No que levamos de ano, cinco municipios se adheriron ao programa e poderán prestarlle este servizo aos seus maiores. Así, os concellos que hoxe asinaron o convenio súmanse ao de Ribeira, que firmou a súa integración recentemente. Isto supón a incorporación de 54 novos usuarios a este plan da Xunta, que reparte máis de 40.000 menús mensuais por todo o territorio galego.

Artigos relacionados

Back to top button