ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilamartín decide suspender as actividades de Nadal ante o aumento de casos de Covid

 

Dende o Concello de Vilamartín vén de comunicarse a suspensión a partir de mañá de todas as actividades previstas no municipio ante a situación sanitaria. “Vistos os últimos datos do Covid-19, e co aumento de 11 casos activos nas últimas 24 horas, agora sumando un total de 24 casos activos, desde o grupo de goberno decidimos suspender a partir de mañá todas as actividades previstas”.

Isto significa, tal e como se matiza no comunicado publicado polo Concello, que “quedan suspendidos o mercadiño de mañá e o Vilanadal, que tiña previsto empezar a próxima semana. As familias que teñan nenos anotados ao Vilanadal que se poñan en contacto co Concello o luns para o reembolso da taxa. É tempo de priorizar na saúde de todos”.

Finalmente, dende o Concello de Vilamartín deséxase unha “pronta recuperación a todos os afectados, e un bo nadal con sentidiño”.

Artigos relacionados

Back to top button