ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilamartín despide a Ángeles Trincado, a “Profe Gelines”

Ángeles Trincado na celebración da súa xubilació en 2019./ Foto cedida.

 

Na xornada de onte, xoves 1 de xullo, Vilamartín de Valdeorras e toda a comunidade educativa coñecía unha triste nova. De forma inesperada e con tan só 64 anos, falecía Ángeles Trincado Vicente, a “Profe Gelines”, apelativo cariñoso coa que era coñecida a profesora do CEIP Xosé Manuel Folla Respino, no que estuvo á fronte durante 21 anos.

Tras toda unha vida adicada a ensinanza, concretamente 41 anos e sempre apostando polos pequenos, xubilábase hai apenas dous anos, en xuño de 2019 nun fermoso e emotivo acto celebrado no Pazo do Castro ao que asistían familiares, compañeiros e amigos.

 

Lateral do colexio de Vilamartín de Valdeorras.

 

Ante esta perda, o dende o Concello de Vilamartín transmitían o seu pésame á familia e amigos. “E para ti Gelines, grazas polo teu labor. Estarás sempre nos nosos corazóns”, engaden.

A capela ardente está no Velatorio de Vilamartín, co aforo limitado por prevención sanitaria, e a misa de funeral e enterro, terán lugar hoxe, venres 2 de xullo ás 18 horas na igrexa parroquial San Xurxo de Vilamartín.

 

Artigos relacionados

Back to top button