EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Vilamartín destrúe media ducia de niños de velutina facéndoos estoupar

Nesta intervención contouse co experto Lolo Andrade, técnico de Protección Civil de Cambre. Todos os niños estaban activos, tiñan unhas considerables dimensións e atopábanse en lugares de difícil acceso para poder retiralos

Ante a cantidade de niños de Vespa velutina localizados no municipio de Vilamartín, a necesidade de actuar con rapidez xa que aínda estaban activos e as difíciles condicións de acceso aos mesmos para poder retiralos, o Concello de decidía solicitar a intervención do experto Lolo Andrade, técnico de Protección Civil de Cambre, con quen contactaba a través da Asociación Valdeorresa de Apicultores.

Este experto desprazábase na tarde do 7 de decembro ata Valdeorras e procedía a destruír media ducia de niños facéndoos estoupar mediante un petardo que colocaba usando unha pértega. Despois procedíase á súa detonación. Esta intervención comezaba en Valencia do Sil destruíndo un niño situado entre esta localidade e a central de Santiago. A partir de aí retirábanse outros en Arnado e en de Arcos, así como outro situado no límite con Petín.

 

 

 

Xunto a Lolo Andrade estaban o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez; dous membros da Asociación Valdeorresa de Apicultores, entre eles o seu presidente Armando Rodríguez; e dous integrantes do GES Valdeorras. “Todos os niños estaban activos e con gran cantidade de avespas. Nalgúns casos foi complicadísimo chegar ata eles. En concreto había dous niños que estaban moi altos e foi moi difícil alcanzalos eles”, explica Armando Rodríguez, que amosa a súa preocupación pola expansión da praga.

[adv_video_player id=”2″]

“Isto vai servir para diminuír o seu efecto, pero non frear á velutina, estamos moi sorprendidos pola gran cantidade de niños que están aparecendo neste concello”, comenta o presidente dos apicultores valdeorreses.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button