ConcellosÚltima hora

Vilamartín incórporase ao programa “Xantar na casa”

Así o anunciaba a conselleira de Política Social, Fabiola García, no Parlamento galego
Unha das rúas da localidade de Vilamartín de Valdeorras.

Entre os seis novos concellos galegos que incorporarán ao programa “Xantar na casa” está o valdeorrés de Vilamartín. Así o anunciaba a conselleira de Política Social, Fabiola García, esta mañá nunha resposta no pleno do Parlamento de Galicia. Ademais tamén entrarán neste servizo Moeche, San Sadurniño, Miño, Foz e Ribeira.

Na actualidade este programa chega a 169 municipios de toda a xeografía galega e a través do del sérvense 40.000 comidas ao mes para 1.300 persoas usuarias. En concreto, súmanse a este servicio: Moeche, San Sadurniño, Miño, Foz, Vilamartín de Valdeorras e Ribeira.

 

Artigos relacionados

Back to top button