Na xornada deste luns 20 de decembro o Concello Vilamartín de Valdeoras comunicaba que esta fin de semana houbera un erro no reconto dos datos do Covid “e contabilizaron o noso concello cos datos do Concello de Vilamarín”, indicándose un aumento de 11 a 24 positivos que non era real, polo que decidían retomar as actividades previstas para este Nadal, entre as que destaca o Vilanadal.
Así, previsiblemente, o programa lúdico centrado nos máis pequenos, celebrarase no pavillón municipal do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, en horario de mañá, con talleres, xogos populares, castelo inchable, Papá Noel,…