ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Vilamartín rexistra un segundo accidente de tráfico esta mañá

Imaxe do lugar no que se producía o sinistro dun camión esta madrugada na OU-536, ao seu paso por Vilamartín de Valdeorras. A escasos 200 metros do lugar, producíase ás 10h. outro accidente.

 

A escasos 200 metros do lugar no que esta madrugada se saía da estrada en Vilamartín de Valdeorras un camión que transportaba lousa, tiña lugar arredor das 10h. outro accicente. Nel víanse implicadas dúas furgonetas, tal e como informa o 112 Galicia.

“O coñecido efecto mirón parece ser a causa deste novo accidente, que consistiu nunha colisión, sen danos persoais, entre dúas furgonetas cuxos condutores quedaron mirando para o vehículo que esta mañanciña bateu contra o peche dunha casa”, tal e como comunica o 112 Galicia e “segundo indicaron os voluntarios de Protección Civil de Vilamartín”.

Artigos relacionados

Back to top button