ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilamartín sitúase en nivel de alerta 1 no mapa galego do Covid

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

 

Tras a confirmación que realizaba onte o Concello de Vilamartín de casos de Covid en dúas unidades familiares deste municipio, neste 16 de outubro o mapa galego de novos casos confirmados por PCR da Consellería de Sanidade sitúa a este concello no nivel de alerta 1 (entre 7 e 14 casos). O municipio pasa así dos 5 casos activos rexistrados onte a un total de 14 casos, segundo a última actualización.

Así, Vilamartín súmase a o outro concello valdeorrés que se mantén en alerta neste mapa, que é o Barco, se ben este sitúase en nivel de alerta 3 (cor vermella), ao rexistrar unha cifra de que supera o umbral dos 21 casos.

Artigos relacionados

Back to top button