ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Vilanova (O Barco) celebra o magosto organizado pola asociación cultural O Mosteiro

Fieis á tradición, a asociación cultural O Mosteiro organizaba, un ano máis, o magosto popular en Vilanova (O Barco de Valdeorras), na tarde-noite do sábado 28 de outubro.

A festa de outono tiña lugar na praza do pobo valdeorrés e contou coa asistencia de moita xente de todas as idades que, ademais das castañas asadas, desfrutou dunha boa merenda a base de pan, chourizos, viño doces e todo tipo de refrescos.

Na cita tampouco faltou a música para botar un baile, nin a tradicional queimada.

Fotos cedidas pola asociación cultural O Mosteiro de Vilanova.

Artigos relacionados

Back to top button