A xuntanza gastronómica está organizada pola Asociación Cultural O Mosteiro
Despois do éxito do ano pasado, coa asistencia de preto de 150 comensais, a Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova ultima os preparativos para o II xantar popular que se celebrará o sábado 30 de abril a partires das 14h.
Tal como adiantan dende a asociación, a xuntanza terá lugar na praza do pobo, cun aforo máximo para 180 persoas e como o ano pasado, contarán con inchables para diversión dos cativos.
O menú que poderán degustar os que se acheguen ata a localidade barquense de Vilanova está formado por entremeses ibéricos, empanada e carne ao caldeiro con cachelos, postre viño e licores. Tampouco faltará animación musical.