ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Vilanova (O Barco) celebra o III xantar popular empañado polo frío

Unhas 110 persoas asistían á cita gastronómica organizada pola Asociación Cultural O Mosteiro

Despois de semanas, incluso meses, sen caer unha pinga de auga, o frío tardío e a chuvia chegaban a Valdeorras na xornada do domingo 30 de abril. Facíao con forza e quizais non o disfrutaron como deberían, sobre todo a xente maior, pero as inclemencias do tempo non impediron que un cento de persoas participaran no III xantar popular organizado pola Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova (O Barco de Valdeorras).

En torno ás dúas da tarde, os asistentes (mozos se maiores chegados de diferentes puntos da comarca) comezaban o xantar a base de paella mixta de primeiro e redondo de tenreira con guarnición de verduras de segundo. De postre bica e leite frito. E para beber, viño de Valdeorras,  café e licores variados.

No decurso do xantar sorteáronse un xamón e dúas cestas con produtos ibéricos e viño, contando con música para amenizar o baile na sobremesa e tamén pola tarde.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button