ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Vilanova (Trives) vive a Festa do Chourizo ao calor das fogueiras

A tradicional cita gastronómica enmárcase na celebración das Candelas e San Blas

Como cada ano, no marco da celebración das Candelas e San Blas, foron moitas as persoas que na tarde-noite do 30 de xaneiro asistían á chamada da Festa do Chourizo en Vilanova (A P. de Trives). Grupos de amigos e tamén familias enteiras disfrutaron comendo, bebendo e cantando ao carón das fogueiras nas que pouco a pouco se ían asando os chourizos.

E mentres uns comían entre os castiñeiros, outros bailaban no campo da festa ao son da orquestra Los Player’s.

Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button