ConcellosÚltima hora

Vilariño celebrará as Letras Galegas con poesía, contacontos e xogos

Será a partires das once da mañá do día 17 de maio na praza desta localidade
Detalle do cartaz dos actos das Letras Galegas en Vilariño de Conso.
Detalle do cartaz dos actos das Letras Galegas en Vilariño de Conso.

A praza do pobo de Vilariño do Conso acollerá o vindeiro 17 de maio unha serie de actos para conmemorar a celebración das Letras Galegas, dedicadas este ano ao poeta chairego Manuel María. Así, entre as propostas que organizará o Concello, figuran a lectura de poemas, contacontos e xogos populares. O programa desenvolverase entre as 11:00 e as 13:00 horas.

Ademais, na véspera desta festa literaria, o 16 de maio, está previsto un taller de lectura de 11:00 horas a 13:00 horas, na Biblioteca do Concello de Vilariño de Conso.

Artigos relacionados

Back to top button