En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Vilariño de Conso aposta por reactivar o asociacionismo no sector da castaña

Por segunda vez en apenas unhas semanas, os produtores de castañas de Vilariño de Conso reuníanse co fin de reactivar unha asociación xa existente no municipio. A reunión tiña lugar despois dunha xornada técnica, promovida polo Concello, que impartía a IXP Castaña de Galicia nesta localidade o 18 de marzo.

Na xuntanza a concelleira de Vilariño Melisa Macía explicaba a importancia de retomar esta asociación e animaba aos presentes a anotarse para facelo co fin de mellorar a produción e venda deste froito. Tamén comentaba a posibilidade de explorar novas vías de asociacionismo de cara a lograr unha mellor comercialización futura da produción de castaña de Vilariño.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button