DeportesÚltima hora

Vilariño de Conso festexa o San Xoán con andaina e sardiñada

Cartel da celebración do San Xoán en Vilariño de Conso.

Un percorrido pola Ruta dos Soutos, coa variante do encoro, será a proposta do Concello de Vilariño de Conso para celebrar o vindeiro 23 de xuño o San Xoán. Así ás 18h. organizará a segunda andaina popular, con saída dende a praia fluvial do Cenza. O seu traxecto total será duns 11 km e os participantes disporán dun avituallamento na metade da ruta.

Esta actividade deportiva terá como broche unha sardiñada ás 20:30h. As persoas interesadas en participar poderán anotarse no Concello de Vilariño de Conso ou ben chamando ao teléfono 988 34 03 02. O custe da inscrición será de 2 euros para andaina e de 8 euros para a sardiñada.

Artigos relacionados

Back to top button