ConcellosÚltima hora

Vilariño (O Barco de Valdeorras) celebrará as festas na honra ao Anxo da Garda os días 15 e 16 de febreiro

O dúo Estrellas e La Hora Bruja amenizarán o baile e verbena o sábado e o domingo respectivamente

Cartel das festas de Vilariño.

 

En Vilariño (O Barco de Valdeorras) está xa todo preparado para celebrar esta fin de semana as festas na honra ao Anxo da Garda, tamén coñecido como “Anxelino”, as máis importantes e coñecidas neste pobo.

Campionatos de naipes, cultos, música e ata inchábeis, son algúns dos ingredientes cos que a asociación de veciños cociñou o programa previsto para os días 15 e 16 de febreiro. O venres día 14 a partir das 22h. arrancará o campionato de tute, pero non será ata o sábado cando comece a festa propiamente dita. Para as 13h. está prevista a misa solemne despois da procesión, que dende a organización aseguran “será moi especial con dous convidados moi queridos en Valdeorras”, din dende a Asociación de Veciños de Vilariño, asegurando que haberá máis sorpresas. A sesión vermú do sábado estará amenizada polo DÚO Estrellas. Xa pola tarde, a partires das 17h. continuará o campionato de tute e ás 17:30h. e tamén haberá inchábeis gratuítos para os cativos de 16:30 a 19;30h. O baile, en sesión de tarde e verbena correrá tamén por conta do DÚO Estrellas.

O domingo día 16 haberá de novo misa solemne e procesión ás 13h. seguida da sesión vermú a cargo do dúo La Hora Bruja, que será tamén o encargado de amenizar o baile en sesión continua (sen verbena) a partires das 18h.

Haberá unha carpa pechada por fixese frío ou chovese.

Artigos relacionados

Back to top button