DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Vilariño reivindica cunha andaina o acceso ao Parque Natural do Invernadoiro

Tratábase unha ruta dun día por este espazo natural do oriente ourensán na que participaban unhas 20 persoas

Malia estar integramente no termo de Vilariño de Conso, non existe unha entrada ao Parque Natural do Invernadoiro dende este municipio. Como un xeito de apostar polos valores naturais e paisaxísticos desta zona de montaña e, ao mesmo tempo, de reivindicar este acceso, o 16 de setembro vén de celebrarse a II Andaina ao Invernadoiro coa participación dunhas persoas.

Partían dende Vilariño de Conso ás nove da mañá. Tras unha ruta polo parque natural ao longo da xornada, os participantes saían dende o Invernadoiro a Edrada onde repoñían forzas cun picnic. Esta actividade de sendeirismo ten sido organizada dende o #CURSO BLOGGERS e o Concello de Vilariño de Conso.

Fotos: Concello de Vilariño de Conso.

Artigos relacionados

Back to top button