ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilaverán 2021, o campamento urbano en Vilamartín de Valdeorras

Dende o 1 de xullo e ata o 27 de agosto, o pavillón do Bañadoiro

 

Inchábeis, manualidades, actividades no interior e no exterior e xogo, moito xogo. Son as propostas do Vilaverán 2021, o campamento urbano de Vilamartín de Valdeorras que arrancaba o xoves 1 de xullo.

Debido ás restricións sanitarias derivadas da pandemia, dende o Concello decidían cambiar de ubicación este ano e, en lugar do Centro Sociocultural Santa Lucía, onde se viña facendo, é o pavillón de O Bañadoiro o espazo no que se desenvolve o campamento e ao que unha vintena de cativos asisten cada mañá de 10 a 13:30 horas.

Tal como explican os monitores, non hai un programa estipulado e organizan as actividades en función do estado dos pequenos. “Hai días que veñen máis durmidos, outros máis espabilados polo que imos alternando os xogos con manualidades…”, explica Agustín González, adiantando que a idea é ir tamén á piscina, tendo reservada algunha que outra sorpresa.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button