Galerías de fotosÚltima hora

Vilela (A Rúa) celebra a Callada do San Brais

Preto de 150 persoas asisten ao xantar popular en pleno Entroido

O pasado 14 de febreiro de 2015 coincidían dúas importantes citas festivas: San Valentín, día adicado internacionalmente aos namorados; e o Sábado de Entroido. Dúas celebracións ás que na localidade de Vilela (A Rúa), se sumaba unha terceira: a IV edición da callada popular, unha festa gastronómica organizada pola asociación de veciños, no marco da festividade do San Brais.

Así, preto de 150 persoas dábase cita na praza do pobo (baixo a carpa e no local social) onde, pasadas as dúas da tarde comezaba o xantar a base de entremeses, empanada, callos e torta de roxóns.

A xuntanza, á que acudiron comensais de diferentes idades, estivo amenizada pola música dunha charanga.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button