ConcellosÚltima hora

Vilela (A Rúa) celebra as festas na honra á Virxe do Carme

Os festexos desenvolveranse do 16 ao 19 de xullo coa VIII xuntanza popular incluída
En febreiro, a Asociación de Veciños de Vilela organizou a Callada do San Brais. /Foto: Mónica G. Bellver.
En febreiro, a Asociación de Veciños de Vilela organizou a Callada do San Brais. /Foto: Mónica G. Bellver.

Neste mes de xullo, os veciños de Vilela (A Rúa) celebran outra das datas destacadas no seu celendario festivo. Trátase das festas na honra á Virxe do Carme con catro días de festexos que arrancarán o xoves 16 de xullo, e non rematarán ata o domingo 19.

Un pasarrúas a cargo da charanga Nova Terra de Trives anunciará o comezo do programa o día 16, con procesión e misa solemne a partires das 12:30h. e baile no campo da festa pola tarde coa mesma charanga.

Ao día seguinte, venres 17, o grupo Menta amenizará o baile en sesión de tarde e verbena, reservando para o sábado 18 de xullo a VIII xuntanza popular. Será a partires das 20h. na Aira e haberá polbo con cachelos, bica, licores e viño a esgalla, así como un agasallo da organización (o prezo da cea é de 12 euros e as entradas están á venda en locais da Rúa e tamén a cargo da directiva da asociación de veciños). Ese día a verbena correrá por conta do trío Nostalgias.

Os actos rematarán o domingo 19 de xullo cunha misa solemne ás 13h, un campionato de tute na Aira a partires das 17h. e festa de tarde e noite a cargo do dúo Bandoneón.

Artigos relacionados

Back to top button