ConcellosÚltima hora

Vilela (A Rúa) celebrará esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Carme

A xuntanza popular está prevista para o sábado 13 de xullo a partir das 21h.
Asistentes á pasada edición da xuntanza popular de Vilela. /Foto: Mónica G. Bellver.

Mediado o mes de xullo, o concello da Rúa segue de celebración. Desta volta tócalle á localidade de Vilela que celebrará a vindeira fin de semana as festas na honra á Virxe do Carme con catro días de festexos.

A verbena a cargo da disco móbil Space marcará o inicio do programa o venres día 12, continuando ao día seguinte coa xuntanza popular que reúne cada ano a centos de persoas. Será a partires das 21h. na Aira e haberá polbo con cachelos, bica, licores e viño a esgalla. Ese día a verbena correrá por conta do grupo Chastton Show.

Os actos continuará o domingo día 14 con festa e verbena a cargo do grupo Beladona, quedando para o martes día 16, os actos na honra á patroa de Vilela. A xornada comezará co pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Alecrín e á 12:30h. terá lugar a procesión e misa solemne. O broche ás festas na honra á Virxe do Carme poráo a sesión vermú a cargo do grupo de gaitas.

 

Cartel das festas de Vilela.

Artigos relacionados

Back to top button