A RúaConcellosÚltima hora

Vilela (A Rúa) retoma a celebración das festas na honra á Virxe do Carme

O presidente da Asociación de Veciños de Vilela, xunto á fonte./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Con moita ilusión a Asociación de Veciños de Vilela (A Rúa) anuncia a recuperación, despois de dous anos, das festas na honra á Virxe do Carme que celebrarán do 15 ao 17 de xullo.

O programa arrancará o venres día 15 pola noite con verbena a cargo da Disco Móvil Chocolate (23:30h.), aínda que o día grande será o sábado 16. Esa xornada comezará cun pasarrúas polo pobo a cargo do grupo de gaitas de Abertal, estando prevista para as 12h. a procesión coa imaxe da Virxe e posterior misa na capela (a novena será do 7 ao 15 ás 9 horas). A festa, en sesión de tarde e noite correrá a cargo do Trío Expresión (21:30h.).

O broche á programación poñeráo o Trío Vaivén o domingo 17 de xullo, poñendo ritmo á festa de tarde a partir das 20 horas.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil do mes de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button