ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Vilela pecha o calendario de magostos colectivos na Rúa

Un cento de persoas asistían á cea organizada pola Asociación de Veciños

Primeiro A Rúa Vella, despois a Estación, (Fontei suspendía o seu polo falecemento dun veciño e membro da organización) e por último, Vilela. Un cento de persoas celebraban na noite do 10 de novembro o seu tradicional magosto popular organizado pola Asociación de Veciños de Vilela.

Coma sempre, os asistentes deron conta dun completo menú a base de empanada, bolo preñado, auga e viño, bica cremosa, licores caseiros e café, ademais dos bullotes asados, na carpa instalada na praza da Aira, aínda que a noite, sen chuvia e cunha temperatura suave, houbera permitido facelo ao aire libre.

Para a ocasión, asáronse ao pé da carpa uns 40 kilos de castañas, protagonistas da xuntanza.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button