PolíticaÚltima hora

Villarino agradece o apoio da militancia na presentación de avais á súa candidatura á secretaría provincial do PSdeG

Entregábaos esta tarde na sede do partido socialista en Santiago de Compostela

Rafael Rodríguez Villarino, na presentación de avais á súa candidatura á secretaría provincial do partido socialista./ Cedida.

 

O candidato socialista á Secretaría Provincial do PSdeG-PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, vén de facer entrega na sede do partido en Santiago dos avais requeridos para poder concorrer como candidato ás eleccións que se celebrarán o domingo 23 de xaneiro, e cuxa campaña se iniciará o vindeiro mércores, día 12.

Villarino acudía esta tarde á sede do PSdeG-PSOE de Santiago, acompañado por Beatriz Domínguez e Xosé Rúas, representantes da súa candidatura, que entregaron o máximo de avais permitidos (o 15 % do censo da militancia da provincia) para presentarse como candidato á Secretaría Provincial do partido na provincia de Ourense.

Villarino, que lograba “máis do dobre dos avais requeridos”, manifestaba o seu agradecemento e satisfacción polo gran apoio recibido na provincia e na cidade por parte da militancia”, ao tempo que asegurou atoparse “con moito ánimo e enerxía para seguir loitando por un futuro mellor para Ourense, contando co apoio das mulleres e homes socialistas de toda a provincia”.

Rafael Villarino anima á militancia a participar no proceso de primarias para “culminar o proxecto de cambio socialista iniciado hai 4 anos, coa mirada posta nas vindeiras eleccións municipais, coa intención de acadar máis gobernos municipais na provincia, gobernar o concello e a Deputación de Ourense e rachar co pacto da vergoña que o impediu, a pesar dos bos resultados obtidos na provincia e na cidade”.

Artigos relacionados

Back to top button