ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Viloira celebra a Oitava do Corpus

A procesión, precedida por 21 nenos que este ano facían a primeira Comuñón, percorría a localidade no mediodía do 5 de xuño

Dende o 3 de xuño a localidade barquense de Viloira está a celebrar as festas da Oitava do Corpus. O seu programa inclúe, ademais de cultos relixiosos, deporte e música e prolongarase ata o 6 de xuño.

O seu día grande é o 5 de xuño, data na que a procesión, precedida polos 21 nenos que este ano facían a súa primeira Comuñón, percorrían as rúas desta localidade. Xa pola tarde a festa continuará ao ritmo da orquestra Principal pola tarde e pola noite.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button