EconomíaEconomíaÚltima hora

Viloira (O Barco) recuperará a feira do día 6 este sábado

Imaxe da feira de Viloira (O Barco) no pasado verán./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Logo dun parón dun mes pola situación sanitaria derivada do Covid-19, Viloira (O Barco) recuperará o vindeiro sábado 6 de marzo a súa tradicional feira mensual. Reanúdase, pero mantendo todas as medidas sanitarias establecidas polas autoridades na materia, tal e como se informa dende o Concello do Barco.

A Policía Local controlará a instalación dos postos para asegurar que se manteñen as distancias de seguridade establecidas pola normativa. Ademais o recinto feiral estará marcado con valados para establecer sentidos e carrís de circulación para os visitantes, con entradas e saídas diferenciadas, co fin de evitar cruces entre as persoas que acudan ao mercado.

Durante a feira a Policía Local velará para garantir o cumprimento das normas de seguridade (distancia de seguridade, uso de mascarilla) e tamén para controlar a afluencia de persoas ao recinto feiral.

Artigos relacionados

Back to top button