OurenseÚltima hora

Vinis Terrae celebrará a súa oitava edición do 1 ao 2 de abril en Expourense

Dará a coñecer as últimas añadas de máis de 50 adegas das denominacións de orixe galegas, entre elas as de Valdeorras, Monterrei, Ribeiro e Ribeira Sacra
Túnel do Viño nunha edición anterior de Vinis Terrae en Expourense.

 

A oitava edición de Ourense Vinis Terrae, o Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, celebrarase os días 1 e 2 de abril en Expourense coa presenza de importadores e compradores de 14 países que terán a oportunidade de coñecer as últimas añadas de máis de 50 adegas adscritas ás cinco Denominacións de Orixen galegas presentes no certame, catro delas ourensás (Valdeorras, Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras). elas unirase o Consello Regulador de Licores e Aguardientes de Galicia e as IXP de Viños de Galicia como Val do Miño ou Ribeiras do Morrazo.

O programa desta nova edición dábase a coñecer na mañá deste 28 de marzo en Expourense contando coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da AGACAL, Manuel Rodríguez; do presidente do comité asesor da feira e presidente do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares; eda directora adxunta de Expourense, Emma González. Todos coincidían en destacar o papel deste salón como centro de negocios internacional para as adegas galegas, sobre todo para aquelas de menor tamaño e colleiteiros, e tamén a súa capacidade de servir de escaparate de calidade do viño galego e, polo tanto, do rural galego.

 

Presentación da oitava edición de Ourense Vinis Terrae.

Esta cita contará cun amplo programa de actividades entre elas un Túnel do Viño con referencias das denominacións de orixe ourensás. Tamén se incluirá talleres prácticas sobre viños brancos galegos impartidos dende a EVEGA (Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia).

Haberá catas comentadas e unha das novidades desta edición será o Workshop WETWINE impartido pola AGACAL (Axencia Galega de Calidade Alimentaria) para dar a coñecer tecnoloxías novidosas aplicadas á valorización sostible de residuos no sector vitivinícola.

Artigos relacionados

Back to top button