EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Viño, artesanía e tropas romanas na Bacofesta da Rúa

Desfiles, actuacións musicais e concentración de clásicos, dentro do programa de actos

O Aguillón convertíase entre os días 15 e 17 de agosto en escenario da I Bacofesta da Rúa. Unha cita que se inauguraba na Ponte da Cigarrosa, de orixe romana, que une A Rúa e Petín. Ataviados á usanza romana os alcaldes destas dúas localidades encabezaban unha comitiva da que formaba parte unha cohorte romana e que, tras deixar a ponte, percorría a pé o traxecto ata a área recreativa do Aguillón ao son dos tambores.

Unha vez alí tiña lugar no recinto feiral a lectura do pregón, que corría a cargo de José Antonio Casanova, ex presidente de Izar. Logo o público, moito del caracterizado ao xeito romano, puido desfrutar do viño da ducia de adegas da Denominación de Orixe Valdeorras que participaron na mostra. Houbo tamén stands de artesanía e de diversos produtos gastronómicos. Logo, xa ás once da noite, tiñan lugar as Xornadas de Folclore.

O programa continuaba os días 16 e 17 de agosto coa feira e tamén con desfiles das tropas romanas, con actuacións como a da formación de música tradicional Abertal e coa concentración de coches clásicos da Rúa.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button