CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O viño de Valdeorras patrocina o ciclo “Cultura e Producción” no CIFP A Farixa de Ourense

As adegas D’Berna foron as patrocinadoras do evento.

O CIFP A Farixa, acolleu hoxe, 15 de decembro, unha xornada didáctica dedicada á Cultura Reggae e que incluíu unha Live Dub, é dicir, unha sesión de mestura en directo. Os asistentes coñeceron a perspectiva que teñen expertos da materia, como Maislume Koletive, Javier Vicalo, Black Sheep Records e North Patrol Soundsystem, do sector. A cita contou co apoio de Bodegas D’Berna, unha cooperativa valdeorresa de Vilamartín.

Os relatores fixeron un repaso á historia deste estilo musical, a súa implicación social e o seu cariz colectivo. Tamén abordaron outros temas como os dereitos de autor da música, a contratación de artistas, a organización de eventos e todo os procesos a seguir para acadar o éxito. O público asistente gozou de vídeos de creación propia que serviron para ilustrar os diferentes aspectos tratados. A charla incluíu unha demostración en vivo que correu a cargo de Javier Vícalo, o que permitiu aos asistentes coñecer de preto os segredos dunha sesión de mesturas.

Con este encontro ponse fin á quinta edición do ciclo “Cultura en Produción”, unhas xornadas promovidas polo centro e organizadas polos alumnos de 2º do ciclo superior de Produción en Audiovisuais e Espectáculos, que pretenden dar a coñecer ao alumnado e ao público en xeral, as novas tendencias da industria audiovisual, a través das achegas dos representantes en diferentes eidos do sector.

A iniciativa nace​ do compromiso do centro por dar a coñecer novos talentos do audiovisual e co firme propósito de complementar a formación do estudantado, explorando de primeira man e dunha forma didáctica e amena diferentes opcións que amplían a súa perspectiva formativa.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button