OurenseÚltima hora

Viño e muller, na celebración do 8M en Ribadavia

O Concello presentará a etiqueta “8M Día da Muller 2019” que identificará os viños das vinte adegas participantes nesta promoción

O vindeiro día 7 de marzo, ás 12:00 no Museo Etnolóxico de Ribadavia, terá lugar a presentación da etiqueta “8M Día da Muller 2019” que identificará os viños de adegas participantes nesta promoción. Neste acto estará a concelleira de Benestar de Ribadavia, Noelia Rodríguez, e o presidente da D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, así como representantes das máis de 20 adegas que participación nesta iniciativa.

“O obxecto deste desta actividade non é outro que otougarlle a visibilidade as mulleres que tiveron e teñen nesta denominación de orixe o firme compromiso coa producción de viños de calidade diferenciada. As botellas identficadas con esta pegatina terán, principalmente un destino promocional, unha mostra delas estará presente nas accions promocionais das adegas participantes”, indican dende o Concello de Ribadavia.

Por outra banda, esta administración local e o Consello Regulador acordaron incluír na edición 2019 da Feira do Viño do Ribeiro un expositor, situado en lugar visible, con todas as botellas identificadas con esta pegatina.

O Concello de Ribadavia, encadra esta proposta dentro do programa de actividades no marco da conmemoración do 8M Día da Muller, entre as que sobresaen outros actos relacionados con promover a figura da muller no mundo do viño. Unha delas é unha cata con enólogas da D.O Ribeiro, onde se desgustarán viños desta denominación de orixen elaborados por mulleres harmonizados con música, que terá lugar o dí 16 de marzo ás 18:00 horas na Igrexa de Madalena. (Nos próximos días abrirase o prazo de inscrición).

Tamén se celebrará a terceira edición do Concurso de Fotografía 8M Día da Muller, que ten como obxectivo visibilizar ás mulleres do Ribeiro nos diferentes eidos socio laborais.

Artigos relacionados

Back to top button