ConcellosÚltima hora

Viño e Música en directo no Bravo Lux da Rúa

João & Simöes e Booty Sweat actuarán no bar, no marco do I CaViño de Inverno o 17 e 18 de xullo
Cartaz dos concertos do Bravo Lux da Rúa.
Cartaz dos concertos do Bravo Lux da Rúa.

A vindeira fin de semana, do 17 ao 19 de xullo, o Camiño de Santiago e os caldos rueses daranse a man no I CaViño de Inverno, nunha innovadora proposta que nacía da iniciativa privada dun grupo de locais de hostalaría da Rúa, á que pouco a pouco se foron sumando colaboradores, entre eles o Concello e o C.R.D.Valdeorras.

Finalmente serán trece os locais nos que ao longo da fin de semana poderán degustarse viños de vintedúas adegas. A inauguración será o venres ás 20h. na praza do Concello coa actuación da charanga N.B.A. e ao longo do sábado haberá pasarrúas a cargo de Abertal. Haberá ademais agasallos e sorpresas, e algúns dos establecementos participantes terán preparadas algunha que outra actividade extra.

É o caso do Bravo Lux que ten organizados dous concertos. O primeiro, de João & Simöes será o venres 17 a partires das 23h. Á mesma hora do sábado, 18 de xullo, será Booty Sweat quen suba ao escenario. O cuarteto vigués formado por Manuel Ares, Jorge Arenaz, Andrius e Punto e Juanma Ons presentarán “Live blues show” con jam session incluída.

Artigos relacionados

Back to top button