EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Viños da DO Ribeiro maridados coa gastronomía de Puerto Rico

O Consello Regulador viaxou ata a illa caribeña xunto a tres das súas adegas
A xerente do CRDO Ribeiro na súa intervención antes da cea no restaurante puertorriqueño.
A xerente do CRDO Ribeiro na súa intervención antes da cea no restaurante puertorriqueño.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro viaxou a Puerto Rico xunto a tres das súas adegas (Casal de Armán, Finca Viñoa e Viña Costeira), para desenvolver durante toda unha semana diferentes actuacións na illa caribeña dirixidas, tanto ao público especializado, como ao consumidor final da zona.

Así pois, os viños da DO Ribeiro foron os protagonistas vinícolas na cea maridaxe organizada na noite do 6 de abril no Restaurante 1919 do hotel Condado Vanderbilt. Tal como explican dende Consello Regulador, a xornada consistiu nunha “suxerente velada onde o chef executivo Juan José Cuevas, xunto cos chefs Carol Reyes e Nasha Fondeur, do restaurante puertorriqueño 1919, crearon un menú con elaboracións boricúas onde o sumiller Alfredo Figueroa explicou a combinación cos viños da DO Ribeiro, diversos e resultado dunha sabia combinación de variedades autóctonas, para acadar a harmonía perfecta en cada un dos pratos”.

O chef puertorriqueño Juan José Cuevas.
O chef puertorriqueño Juan José Cuevas.

O evento, que reunió a críticos gastronómicos, periodistas e cociñeiros de renome da illa, comezou cunha introdución á DO Ribeiro da man de Felicísimo Pereira e Cristina Alcalá, presidente e xerente do CRDO Ribeiro, respectivamente, para pasar a disfrutar do menú maridado cos viños do Ribeiro.

Os asistentes puderon degustar un tartar de atún acompañado dos viños First One e Colección 68 de Viña Costeira; un prato de bacallau cociñado a baixa temperatura harmonizado cos viños Eira dos Mouros de Casal de Armán e Finca Viñoa; e a elaboración de pato asado con Casal de Armán tinto. Nos postres, o viño Tostado do Ribeiro, acompañou a unha tarta de caramelo e chocolate.

Artigos relacionados

Back to top button