EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Viños de Monterrei e centola, deliciosa maridaxe

Os caldos desta denominación maridaranse con este marisco na festa que lle renderá tributo no Grove a finais de novembro
Presentación da maridaxe entre viños de Monterrei e centola en Verín.
Presentación da maridaxe entre viños de Monterrei e centola en Verín.

Un produto de interior e outro da costa. Os viños da Denominación de Orixe Monterrei e a centola. Un binomio interesante gastronómico que poderá degustarse nas “XII Xornadas da Centola”. Este evento presentábase na mañá do 21 de novembro na Casa da Cultura de Verín, nun acto no que participaban polos alcaldes de Verín e O Grove, Juan Manuel Jiménez e Miguel Ángel Pérez, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Ángel Méndez, e á que asistían tamén outros rexidores de zonas próximas como Vilariño de Conso ou Riós.

Asistentes ao acto de presentación desta maridaxe que se levará a cabo nas Xornadas da Centola do Grove.
Asistentes ao acto de presentación desta maridaxe que se levará a cabo nas Xornadas da Centola do Grove.

A través desta iniciativa o destino Chaves-Verín vén a sumar a promoción deste produto típico da gastronomía galega nun municipio do interior, que ademais nesta ocasión acompañáse dos viños da Denominación de Orixe Monterrei para a súa maridaxe conxunta. “A enograstronomía é un produto turístico desestacionalizador, singular e cun alto compoñente cultural”, apuntaba o alcalde verinense, “por iso en Verín, coñecedores de que a gastronomía é a segunda motivación que fai que os turistas elixan a nosa comunidade, apostamos en colaboración coa Xunta de Galicia por ofertar produtos enogastronómicos de calidade como a Ruta do Viño Monterrei, Outono Gastronómico, Paseando entre Viñedos ou os paquetes turísticos como De Cata por Monterrei”.

A esta mesma cuestión aludía o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Antonio Méndez, “estas actividades gastronómicas dan a coñecer os nosos viños ao longo de toda Galicia, como desde hai catro anos na Feira do Cocido de Lalín donde o tinto de Monterrei é o viño oficial”.

As “XII Xornadas da Centola”, que se celebrarán a finais de novembro no Grove, levaranse a cabo en 22 restaurantes, tres hoteis e outros establecementos como o casino La Toja e a Confraría de Pescadores de San Martiño da localidade pontevedresa que vivirá a súa actividade culinaria e creativa a través da centola durante a ponte de decembro.

Alcaldes de Verín e O Grove, xunto ao presidente do CRDO Monterrei, na presentación das xornadas.
Alcaldes de Verín e O Grove, xunto ao presidente do CRDO Monterrei, na presentación das xornadas.

Nesta festa gastronómica poderanse gozar diferentes pratos elaborados a base de centola. Ademais, durante as xornadas terán lugar degustación de pinchos elaborados con centola noutros 10 establecemento baixo o que denominan ‘Picacentola’. Non obstante, un dos momentos máis esperados será a celebración do “Concurso de Centola Viva” o 25 de novembro a partir das 17 horas na lonxa de contratación de O Grove.

Artigos relacionados

Back to top button