CulturaCulturaÚltima hora

Viños de Valdeorras na preestrea do novo filme de Ignacio Vilar en París

A longametraxe “Sicixia” vén de ser seleccionada para competir na Sección Oficial do XXI Festival Cinespaña de Toulouse
Unha imaxe do filme dirixido por Ignacio Vilar, "Sicixia".
Unha imaxe do filme dirixido por Ignacio Vilar, “Sicixia”.

“Sicixia” a nova longametraxe do director valdeorrés Ignacio Vilar, vén de ser seleccionada entre 128 filmes de ficción española para competir na Sección Oficial do XXI Festival Cinespaña de Toulouse. O filme competirá con outras 6 longametraxes “ante un xurado formado por recoñecidos profesionais do cinema francés, sendo 100% galego, o que supón un notable recoñecemento ao noso cinema e á nosa cultura”, explican dende a produtora Vía Lactea Filmes.

O filme,  que supón “un paseo polo amor e a Costa da Morte” foi concebida para poñer en valor “a inigualable riqueza paisaxística, gastronómica e cultural da Costa da Morte así coma a Rapa das Bestas de Sabucedo a través da grande pantalla” e a productora celebrará mañá 17 de setembro un pase privado nos Cinemas Os Cantóns (A Coruña) aos que estarán convidados representantes de diferentes institucións e entidades, entre eles os 18 concellos da Costa da Morte.

A preestrea, organizada en colaboración coa empresa Porto-Muíños, será o xoves 3 de novembro en París (Francia). Tal como adiantan dende a produtora galega, logo da proxección ofrecerase aos convidados pertencentes aos eidos da cultura, o turismo, a gastronomía e mesmo a política, unha degustación de viño Godello da D.O. Valdeorras e un menú a base de algas “elaborado por chefs de recoñecido prestixio internacional, ofrecendo aos espectadores unha experiencia inesquecible a través dos 5 sentidos”.

A estrea está prevista para o venres 25 de novembro de 2016 en máis de 40 salas (Galicia e resto de España) tanto en V.O. galega como V.O.S.E.

 

Artigos relacionados

Back to top button