EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Viños do Ribeiro, no Forum do Camiño de Santiago

O programa deste encontro, celebrado do 15 ao 18 de outubro en Compostela, pechábase cunha cata de viños desta denominación ourensá
Participantes na cata celebrada no "Fairway, Forum do Camiño de Santiago".
Participantes na cata celebrada no “Fairway, Forum do Camiño de Santiago”.

Cunha cata extraordinaria do programa Enocións by Ribeiro concluía o “Fairway, I Forum do Camiño de Santiago” o 18 de outubro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago. A cata, dirixida polo sumiller Luis Paadín, contaba con tres referencias da Denominación de Orixe Ribeiro que pertencían ás adegas Alanís, Cunqueiro e Ramón do Casar. A degustación completábase coa actuación do Coro da Rá.

Os viños da D.O. Ribeiro tamén estiveron presentes en Compostela no programa paralelo “Con queixo, pan e viño ándase o Camiño”, que consistía nunha serie de catas no espazo enocultural Vide Vide!, así como na iniciativa “Camiño do Viño”, unha velada que reuniu viños vencellados ás rutas de peregrinación a Compostela con petiscos e que se desenvolvía na Capela do Parador Hostal dous Reis Católicos.

“Dentro do seu plan estratéxico o C.R.D.O. Ribeiro continúa o seu planeamento de accións acordes á historia, a profesionalidade na xestión, a busca da excelencia na calidade, e a potenciación da marca, unha das mais recoñecidas de España”, adiantan dende este consello regulador.

Artigos relacionados

Back to top button