EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Viños, enogastronomía e cultura, na LI Feira do Ribeiro

No recinto feiral, situado na Alameda de Ribadavia, poden degustarse os caldos duns 30 produtores desta denominación ourensá

Mirando ao futuro, pero sen esquecer as súas raíces. Os viños do Ribeiro ábrense paso nos mercados españoles e internacionais e así se poñía de manifesto na inauguración da súa LI Feira do Viño na tarde do 2 de maio na Alameda de Ribadavia. O acto tivo ao presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, como pregoeiro e contaba coa presenza de diversas autoridades.

Xa nesta primeira xornada eran multitude as persoas que se achegaron ao recinto para degustar os viños, tanto brancos como tintos, dos 30 produtores que dispoñían de stand no recinto feiral.

O programa deste certame vitivinícola, que posúe a distinción de Interese Turístico Nacional, proseguirá os días 3 e 4 cun programa ateigado de propostas moi variadas: a IV Xuntanza Provincial de Bandas de Gaitas (homenaxe a Manuel Vázque, ex director da Banda La Lira de Ribadavia) na praza Maior, actividades enogastronómicas-showcooking (na aula do recinto feiral),o tren dos viñedos (con saída e chegada ao Castelo dos Sarmiento), a cata popular ( no local social da Madalena), a exposición “Graffiti e viño do Ribeiro”, maridaxes entre viños con produtos de calidade galegos ou “Sons do Viño” con actuacións musicais en diferentes puntos do casco histórico da vila, entre outras.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button