EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Viños valdeorreses maridan coas tapas ganadoras no XII Concurso Picadillo

Un godello e un tostado acompañaban as tapas vencedoras na categoría de maridaxes desta edición do certame coruñés
O presidente do CRDO Valdeorras, no acto de entrega dos premios maridaxe no Concurso Picadillo 2015./ Foto cedida polo CRDO Valdeorras.
O presidente do CRDO Valdeorras, no acto de entrega dos premios maridaxe no Concurso Picadillo 2015./ Foto cedida polo CRDO Valdeorras.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras tiña un protagonismo de seu no XII Concurso Tapas Picadillo, que se desenvolvía no mes de setembro na cidade da Coruña e no que participaban un total de 13 establecementos de hostalaría. Neste certame o ente regulador patrocinaba unha categoría na que se ofrecían tapas maridadas con viños valdeorreses. Nela presentábanse 17 maridaxes.

A entrega de premios tiña lugar hai uns días na cidade herculina e nela tomaba parte o presidente do consello regulador valdeorrés, José Vicente Solarat, que era ademais membro do xurado nesta categoría do certame. Os establecementos que se facían cos premios de maridaxe eran o Mesón El Serrano que ofrecía uns canelóns de cabacín recheos de bacallau con allo porro acompañados dunha bechamel de ortigas e polenta. Unha suxerencia culinaria que maridaban cun godello de Godeval. Tamén resultaba galardoado o Central Park que presentaba un Macaron (sobremesa francesa) recheo de gonoche de foie, acompañado cun tostado da Adega Santa Marta.

Esta edición dos Premios Picadillo estivo organizada polo Concello da Coruña xunto con Turuismo da Coruña e a Deputación provincial.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close