Galerías de fotos

Viñoteca-Tapería Pepa da Rúa, con nova xerencia

Un novo establecemento hostaleiro orientado ao viño

Despois dun tempo pechado, o 10 de xuño A Pepa reabría as portas ao público na céntrica praza Míguez Freire da Rúa. E facíao cunha nova imaxe e co reclamo de Viñoteca-Tapería. Ao seu fronte, Romina García Pérez coa axuda de Manuel Costas Abal (enólogo de Viña Somoza), explica que “o protagonista do local é o viño” converténdose nun “escaparate de tódalas adegas da Rúa” e algunha máis, así como outros viños de fóra de Galicia.

Coa idea na mente dende hai tempo, Romina asegura que necesitaba o local da Pepa “pola adega que ten, que ofrece moitas posibilidades para o que pretendemos levar a cabo (presentacións de añadas, catas, cursos)” e por suposto comidas e reunións privadas previa reserva e con menús concertados. Con todo a reforma do local foi completa, ofrecendo un aspecto totalmente renovado, cun deseño bonito, confortable e distinto, onde poder degustar una ampla variedade de viños e tapas.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button