En portada

Vinte alumnos formaranse no obradoiro de emprego “Valdeorras embelece”

Os alcaldes dos concellos do Barco, Vilamartín e Petín dábanlle esta mañá a benvida, nas aulas de formación da Urbanización La Cerámica, no Barco

 

Aprender, traballar e cumprir. Son, segundo o alcalde do Barco, Alfredo García, as obrigas dos 20 alumnos que se formarán no obradoiro de emprego “Valdeorras embelece”, porque “non é só un curso, senón que tedes un soldo polo que tedes que aproveitar estes nove meses”. E así llo dicía a eles, na mañá deste venres 29 de outubro, na aula de formación na Cerámica, dándolles tamén a benvida xunto aos alcaldes de Vilamartín, Enrique Álvarez e de Petín, Raquel Bautista.

O obradoiro, promovido polos tres concellos (O Barco, Vilamartín e Petín) terá unha duración de nove meses e dos vinte alumnos, 12 formaranse en actividades auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería, e 8 en traballos de carpintería e moble.

Con respecto ás actuacións que se levarán a cabo, no termo municipa do Barco acondicionarán zonas axardinadas no núcleo urbano, substituirán o valado nos Parques Infantís, e elaborarán e colocarán cobrecontedores no municipio, “entre outras actuacións que vaian xurdindo”, puntualiza Alfredo.

 

Os alcaldes de Petín, Vilamartín e O Barco no obradoiro “Valdeorras embelece”.

 

En canto ao concello de Vilamartín, no marco do obradoiro levarase a cabo o acondicionamento da zona axardinada na contorna do Bañadoiro; valado do parque infantil na Rodaleira; acondicionamento da zona da Manguela en Arcos; elaboración e colocación de cobrecontenedores no municipio.

E no que atinxe ao concello de Petín, executarase o condicionamento da zona axardinada nas piscinas de Petín; acondicionamento da zona axardinada na contorna do Centro Social de Mones; protector parede madeira velorio Petín; elaboración e colocación de cobrecontenedores no municipio.

Os alumnos estarán divididos en tres grupos: dous de xardinería (un que traballará no Barco e outro en Petín e Vilamartín) cun profesor para cada grupo. O grupo de carpintería traballará no taller e despois irá polos tres pobos colocando o mobiliario urbano que fagan. Hai tamén unha persoa de educación para os alumnos sen Graduado Escolar;  unha directora e unha administrativa.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button