OurenseÚltima hora

Vintedous locais participan na III edición de “Barbadás a Bocados”

O concurso gastronómico celebrarse do 13 ao 15 de setembro e contará coa presenza de Ketty, finalista de MasterChef 2018
Degustación de petiscos.

Un total de 22 establecementos hostaleiros participan na III edición do concurso de petiscos “Barbadás a Bocados” que se celebra entre o 13 e o 15 de setembro, con diferentes actividades.

A inauguración terá lugar o xoves ás 20:30h. a cargo do grupo gastronómico Bandullo Salvaxe que formará o xurado profesional. Ese día a degustación de tetiscos (1,50 euros) será de 19 a 23h.

Ao día seguinte, venres 14 de setembro haberá un obradoiro de chocolate para nenos ás 18:30h. a cargo de Inés Carcacía (El Toque de Inés). E xa a partires das 19:30h. arrancará o I Encontro de Cantos de Taberna Cantos a Bocados, coa actuación de seis agrupacións polos diferentes establecementos. A degustación será de 12 a 15:30 e de 19 a 23h.

E xa na terceira xornada, o concurso contará coa visita da chef Ketty, finalista do concurso MasterChef 2018. A partir das 18:30 horas tamén haberá un obradoiro de merendas saudables para nenos. O horario de degustación de petiscos será o mesmo do venres (de 12 a 15:30 e de 19 a 23h.)

Con respecto aos premios, nesta terceira edición do concurso haberá dous: un Profesional, outorgado polo xurado; e un Popular, elixido polo público mediante votación, despois de probar un mínimo 4 propostas diferentes. Entre os participantes nesta votación popular, entregaranse 5 vales de 50€ cada un para gastar no Comercio Local de Barbadás.

 

Locais participantes cos petiscos que se poderán degustar.

Artigos relacionados

Back to top button