DeportesÚltima hora

Vintenove medallas para o Pabellón Ourense no galego máster de natación

Cun noveno posto, foi o club ourensán mellor clasificado da proba autonómica de inverno
Membros da expedición do CN Pabellón Ourense en Pontevedra.

Preto de catrocentos nadadores de toda Galicia participaban, nos diferentes grupos de idade, no campionato galego máster celebrado en Pontevedra durante a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro. Entre eles, deportistas de tres clubs ourensáns: Adas Natación, Escualos e Pabellón Ourense. Deste último, foron 17 os deportistas que participaban na expedición, logrando uns resultados “moi satisfactorios, con multitude de metais nas diferentes probas individuais e de relevos”, aseguran dende o club.

En total foron 29 as medallas, coas que os pabellonistas regresaban da capital do Lérez: 12 de ouro, 11 de prata e 6 de bronce, “ademais de 6 récords galegos en grupos de idades”, engaden dende o club ourensán que lograba o 9º posto na clasificación por equipos, sendo o club da provincia mellor clasificado.

Despois destes resultados, dende a dirección técnica do CN Pabellón xa están pensando no vindeiro autonómico de verán que se celebrará en Ourense no mes de xuño.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close