CulturaCulturaÚltima hora

Visita a Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) do colectivo ‘Nós, a Xente do Redor’

 

Na tarde do domingo 24 de abril, o colectivo ‘Nós, a Xente do Redor’ poñía o broche ás xornadas literarias celebradas no Casino do Barco, coa viaxe a Córgomo para visitar a casa e a vila natar de Florencio Delgado Gurriarán.

Unha vez alí, tras ser recibido polo alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro, o grupo realizaba unha ruta recitando poemas do autor en cada un dos lugares mais representativos da vila. A escolma de poemas realizada por Jávier Eneriz, foi recitada por “Piedad Valencia “persoa moi relacionada con Valdeorras onde estivo de mestra, Rubén Pintos novelista e poeta e Olga Novoa poeta ourensá”, explica o coordinador do colectivo Avelino Jácome.

Para pechar o día Enrique álvarez, Aurelio Trincado, Avelino Jácome e Miguel Ángel Martínez Coello depositaban unha coroa de loureiro no cemiterio de Córgomo, diante da tumba na que repousa o autor que cantou ao viño, ao castrapo e ao galego. “Infinda Galicia sempre e viva Valdeorras” berraron os asistente.

Artigos relacionados

Back to top button